domingo, 27 de enero de 2013

As marcas de guerra dun incesable Manuel Pablo

O NOSO GUARDIÁN, MANUEL PABLO

Tremendo choque de Manuel Pablo contra Guardado fronte ó Valencia. O noso lateral compleou o partido pese o golpe que se propiciou nun salto no minuto 78 de partido. Co ollo dereito hinchado e cunha venda bastante aparatosa, este volveu a demostrar que ser do dépor significa loitar hata o fin polo equipo superando todo o que lle poña por diante.
O veterano canario ten agora a súas marcas de guerra en forma de 10 puntos, mais se cree que poderá xogar o próximo sábado fronte ó Xetafe para seguir gardando a súa eterna zona do campo.

A afición e Riki, pódese pedir máis?

CASI, PERO NON...

O Deportivo enfrontouse onte ó Valencia, equipo que demostrou ter máis afinación cara a portería.
O partido empezou difícil para a Dépor co gol do Valencia ós 30 segundos do comezo, mais o equipo non tirou a toalla e coma sempre saiu o noso salvador, o gran Riki. Este rapaz logrou darlle a volta o encontro poñendo o marcador 2-1 a favor dos coruñeses.
Pero a alegría non durou moito xa que coa a expulsión de Silvio o Dépor non logrou sosterse moito tempo e encaixou o 2-2. E para poñerlle a guinda ó partido Assunçao cometeu unha agresión a un xogador do Valencia e sacáronlle tarxeta vermella. Con todas estas desvantaxes no minuto 92 Ricardo Costa fixo o 2-3 e deixounos de novo cunha derrota moi amarga.


Aínda así Riazor volveuse a encher e a afición, coma sempre, foi o mellor do partido, o exemplo máis claro o temos no precioso mosaico que nos deixou.

miércoles, 23 de enero de 2013

ai... os cartos, amigo meu

SAEN Á LUZ O MOREA DE CARTOS, QUE GRAZAS AO NOSO ESTUPENDO PRESIDENTE, DEBE O DEPORTIVO

Lendoiro por fin recoñece eses 93 millóns de euros, que se di pronto, que lle debe ós acreedores do Deportivo. A lista definitiva coñecerase en dous meses pero mentras tanto pódovos dicir unhas cantas cifras que de seguro vos deixará coa boca aberta. Ben, comencemos : 

  • Hacienda: 40 millóns de euros
  • Banco Galego: 22.2 millóns de euros.
  • Novagalicia Banco: 12.2 millóns de euros
No resto ( que son moitos máis ), destacan o exbranquiazul Luque (2.1 millóns de euros) e a axencia de viaxes O Corte Inglés (superando os 2 millóns de euros). A lista prolóngase ata os 212 acreedores...
Está clara unha cousa, o presidente vive a corpo de rei, sabedes por que?, non por nada pero o pobre soamente cobra 398.000 euros, pero coidado eh que a temporada pasada eran 420.000, fixo un gran esforzo para pagar esa deuda de 93 millóns...
Sinceramente penso que Dépor pagará toda a súa deduda cando Lendoiro baixe algo o seu bandullo (ai... pobre Dépor)

martes, 22 de enero de 2013

Própera recuperación do noso goleador.

RIKI, TI SEMPRE ESTÁS AHÍ.

Iván Sánchez-Rico Soto, conocido como Riki
Riki , compadeceu esta mañá en roda de prensa  dicindo que a recuperación do seu nocello dereito é óptima. Os médicos da Deporclínica pensan que poderá xogar a próximo sábado fronte ó Valencia en Riazor. Partido do que o noso xogador cree que é un choque trascendental "e polo tanto non debemos pensar máis alá deste encontro"

Esta noite ás 21:00 estaba esperado que a peña deportivista Imagine entregaralle o premio no cal se lle recoñece como o xogador máis regular da temporada pasada, mais Riki e os médicos do equipo decidiron que era mellor aplazar o acto para unha óptima recuperación do seu nocello. Así pois a entrega do premio será o día mércores 30 de eneiro ás 21:00 no bar da peña.