miércoles, 23 de enero de 2013

ai... os cartos, amigo meu

SAEN Á LUZ O MOREA DE CARTOS, QUE GRAZAS AO NOSO ESTUPENDO PRESIDENTE, DEBE O DEPORTIVO

Lendoiro por fin recoñece eses 93 millóns de euros, que se di pronto, que lle debe ós acreedores do Deportivo. A lista definitiva coñecerase en dous meses pero mentras tanto pódovos dicir unhas cantas cifras que de seguro vos deixará coa boca aberta. Ben, comencemos : 

  • Hacienda: 40 millóns de euros
  • Banco Galego: 22.2 millóns de euros.
  • Novagalicia Banco: 12.2 millóns de euros
No resto ( que son moitos máis ), destacan o exbranquiazul Luque (2.1 millóns de euros) e a axencia de viaxes O Corte Inglés (superando os 2 millóns de euros). A lista prolóngase ata os 212 acreedores...
Está clara unha cousa, o presidente vive a corpo de rei, sabedes por que?, non por nada pero o pobre soamente cobra 398.000 euros, pero coidado eh que a temporada pasada eran 420.000, fixo un gran esforzo para pagar esa deuda de 93 millóns...
Sinceramente penso que Dépor pagará toda a súa deduda cando Lendoiro baixe algo o seu bandullo (ai... pobre Dépor)

No hay comentarios:

Publicar un comentario