CASI, PERO NON...
O Deportivo enfrontouse onte ó Valencia, equipo que demostrou ter máis afinación cara a portería.
O partido empezou difícil para a Dépor co gol do Valencia ós 30 segundos do comezo, mais o equipo non tirou a toalla e coma sempre saiu o noso salvador, o gran Riki. Este rapaz logrou darlle a volta o encontro poñendo o marcador 2-1 a favor dos coruñeses.
Pero a alegría non durou moito xa que coa a expulsión de Silvio o Dépor non logrou sosterse moito tempo e encaixou o 2-2. E para poñerlle a guinda ó partido Assunçao cometeu unha agresión a un xogador do Valencia e sacáronlle tarxeta vermella. Con todas estas desvantaxes no minuto 92 Ricardo Costa fixo o 2-3 e deixounos de novo cunha derrota moi amarga.
Aínda así Riazor volveuse a encher e a afición, coma sempre, foi o mellor do partido, o exemplo máis claro o temos no precioso mosaico que nos deixou.

No hay comentarios:
Publicar un comentario