miércoles, 13 de marzo de 2013

Coidado amigos, coidado...

A Liga di ao xuíz que expulsará ao Deportivo se non paga antes de xullo

A Liga de Fútbol Profesional tomou parte no concurso do Deportivo. E fíxoo para situarse a favor do club coruñés e tratar de que o xuíz declare o levantamento do embargo de Facenda sobre o primeiro prazo do pagamento dos dereitos de televisión (12 millóns de euros máis IVE).

No seu intento por cambiar a decisión de Rafael García Pérez, o escrito asinado por Carlos do Campo (secretario xeral da LFP) asegura que se o Deportivo non cobra ese diñeiro, non poderá facer fronte ás súas obrigacións co persoal, que estima en máis de doce millóns de euros, co cal «será expulsado das competicións profesionais e resultará imposible a viabilidade do mesmo».



«Segundo consta nos arquivos obrantes nesta Liga Nacional, o Deportivo debe facer fronte (desde o día da data e, como moi tarde, o 30 de xuño do presente ano) ao pagamento aos futbolistas do seu persoal das cantidades de once millóns seiscentos vinte e sete mil cincocentos euros (11.627.525,00) en concepto dos salarios correspondentes a esta tempada deportiva, a máis diso os oitocentos sete mil trescentos sesenta e cinco euros con noventa céntimos (807.365,90), en concepto de rescisión de contratos, a data de 31 de xaneiro do 2013. Todo iso leva que o Deportivo debe abonar, en datas inminentes e coetáneas á presente, a cantidade total de doce millóns catrocentos trinta e catro mil oitocentos noventa euros con noventa céntimos (12.434.890,90)», explica Carlos do Campo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario