martes, 19 de marzo de 2013

Traballando duro todo é posíbel!

Dúas semanas a toda máquina

  «O míster dixo que se nos portabamos ben descansamos o fin de semana». Juan Domínguez chanceou en sala de prensa acerca do plan de adestramentos imposto por Fernando Vázquez para o parón ligueiro. Un calendario de preparación para o tramo final do campionato que non invita precisamente ao riso e no que ata o descanso está supeditado ao rendemento. Aterrou tarde no Dépor, pero o de Castrofeito está disposto a recuperar o tempo perdido: se xa aumentara a intensidade das prácticas entre partidos, agora empregará o respiro dos encontros de seleccións para desenvolver unha minipretemporada na que os futbolistas poidan irse achegando máis ao que o adestrador pretende conseguir a nivel físico e táctico. O persoal puido empezar onte a darse conta do que lle espera antes do transcendental choque en Mallorca: dúas horas e cuarto de práctica baixo a intermitente choiva e o frío perenne dos campos de Abegondo.
Adestramento por grupos:
  Para facilitar a comprensión e o aproveitamento dos exercicios, Vázquez dividiu ao equipo en dous grupos -unha dinámica que xa empregou en anteriores sesións-. Deste xeito, un céntrase na parte física e o outro prepara movementos de despregamento con balón e traballa aspectos tácticos
A pesar de que ante o Celta o rendemento ofensivo branquiazul aumentou considerablemente, o técnico volveu incidir no tiro a porta e nas transicións rápidas buscando a meta rival. Se tras a súa chegada a implicación defensiva do persoal creceu, a distancia da zona de salvación fai que a permanencia non pase só pola solidez atrás. Ademais, o rendemento do persoal baixaba no último tramo dos encontros, algo que se intenta evitar alargando os adestramentos para adaptar o corpo dos xogadores á esixencia dos partidos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario