lunes, 11 de marzo de 2013

Recordando vellos derbis ...

QUE PARTIDAZO
Estiven facendo lembranzas de tempos pasados do Deportivo, máis particularmente nos encontros Depor-Celta, e o primeiro que me veu á mente foi o do ano pasado, un partidazo en toda regra.
O conxunto branquiazul ía gañando 1-0, todo o mundo estaba feliz, de súpeto marca o Celta, a afición de Vigo vense arriba, abarrota as gradas, soamente óese a estes desalmados. O Dépor saca de centro fai 10 toques de balón, colle o esférico Lassad e con toda a súa forza funde a pelota dentro da portería con disparo de máis de 120 km/h. Ese momento foi épico, todo Riazor mandando calar ós de Vigo e estes recuando cara atrás nas gradas... miña nai ... aínda me lembro como saltei no bar cando aconteceu, chegando a abrazar a un vello que estaba no meu lado. Nese momento sentinme orgulloso de ser do Deportivo.
Déixovos un vídeo da xesta do xogador branquiazul:


No hay comentarios:

Publicar un comentario