domingo, 17 de marzo de 2013

Hai xente pra todo...

O Celta imporá unha multa exemplar a Aspas e a Hugo Mallo

Iago Aspas e Hugo Mallo terán que apechugar cunha multa exemplar despois dos sucesos de Riazor no derbi galego do venres. A cúpula do Celta xa ten a decisión tomada e a próxima semana será oficial cando lle sexa comunicada aos dous xogadores, con toda probabilidade mañá luns. Ao primeiro pola súa agresión á media hora do partido e ao segundo polo seu comportamento como membro dunha das expedicións de afeccionados. Que os dous saian a pedir perdón o día despois dos feitos non vai servir de atenuante a nivel interno.
O enfado no Celta é maiúsculo coa actitude dos dous canteiráns. Pola imaxe que difundiran do club máis aló do deportivo. Dentro, un, e fóra do campo, outro. Con Iago Aspas por deixar ao equipo con dez e dun modo tan flagrante, expóndose ademais a que se perda media liga, xa que a sanción mínima pode ser de catro partidos. O moañés viuse excedido unha vez máis polo ambiente dun derbi e case dous anos despois volveu ser expulsado. E iso que fora advertido polo seu propio técnico durante toda a semana.
O enfado con Hugo Mallo vén dado por comportarse como un afeccionado sen reparar na etiqueta de futbolista profesional que atesoura. O marinense foi cazado no autobús da pena Iago Aspas camiño da Coruña cando se difundiu unha foto polas redes sociais na que sostiña un cartel de véndese» onde aparecía o escudo do Deportivo coa bandeira portuguesa. Por outra banda onte foi difundido un vídeo onde o seu comportamento dentro do campo, na bancada cos afeccionados, tampouco queda en bo lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario