martes, 12 de marzo de 2013

Un bo ataque é unha boa defensa

O Dépor pasa ao ataque

  O Dépor adestrouse onte baixo unha forte tormenta en sesión vespertina. A máis de hora e media que pasaron en remollo os xogadores branquiazuis serviu para comprobar que as preocupacións do equipo técnico que comanda Fernando Vázquez variaron lixeiramente. Se cando o de Castrofeito desembarcou en Riazor a súa principal obsesión (como a dos seus predecesores) era a de paliar a sangría defensiva que convertera aos coruñeses no conxunto máis goleado de Europa, as melloras nese aspecto e a preocupante falta de gol das últimas xornadas alterou as prioridades.
  Despois de dúas xornadas sen ver porta (ante o Barça non houbo sequera un disparo entre os tres paus) e de anotar só dous tantas nas últimas cinco xornadas, o acerto de cara á portería contraria volveuse indispensable de cara ao derbi. Onte, tras un quecemento máis necesario que nunca polo desapracible do día, o persoal empezou ensaiando os disparos en carreira. O Dépor ten xogadores como Riki ou Pizzi, con bo lanzamento afastado e o técnico dispuxo exercicios específicos para aproveitar esta vía, sobre todo ao culminar transicións rápidas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario