Visto o visto 1 punto é moito
O pasado sábado o deportivo loitou como puido contra un Rayo Vallecano que saiu moi forte na primeria parte, tendo varias ocasións de gol que o noso cancerbeiro Aranzubía soupo ataxar de boa maneira.
Non falta dicir que dende o minuto 21 onde Riki se lesionou o esperanza de ese gol milagrosa esvaeceuse. Aínda que moitos creían no noso porteiro para marcar outro gol de córner.
Con esta xa van 8 xornadas sen ver os 3 puntos ó remate dun partido, mais a afición segue animando sen cesar xa que se o pensades só estamos a 4 puntos da salvación tendo por diante ó zaragoza e o celta, equipos cos cales aínda non nos enfrontamos.
Mentres cara a directiva séguense oíndo berros de "Lendoiro dimisión" ós que el responde sacando máis deudas en comida, facenda etc

No hay comentarios:
Publicar un comentario