martes, 5 de marzo de 2013

Sen o "killer" para o Barcelona

Coas lesións complícanse as cousas


    O Deportivo segue preparándose cara o encontro contra o Barcelona coas múltiples baixas que o noso equipo posúe. Unha delas, quizais a máis resaltada, sexa a de Riki , sen dúbida o mellor xogador da plantilla herculina, que cederá o seu posto a un esperado Nelson Oliveira o cal deu boas sensacións ó comezo da liga pero que na opinión xeral calentou moito banquillo.

  Doutras bocas saen ideas tales como que Vázquez decidirase por adiantar a Pizzi coma no encontro frente o Rayo Vallecano.
   Clara esta unha cousa, e é que o equipo conta con máis de 8 baixas fronte un Barça que non ha de ter piedade véndolle as orellas ó Madrid. 
   Cada vez queda menos pra o remate da liga e polo tanto menos partidos, aínda que só 4 puntos nos separan da salvación polo que un Barcelona e logo un Celta non nos vería nada mal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario