domingo, 17 de marzo de 2013

Pódese!

Con Fernando Vázquez, si se pode

«É difícil, claro, pero non hai ninguén que me poida demostrar que non lle podamos gañar de forma consecutiva ao Celta , ao Mallorca, ao Zaragoza. Mentres as matemáticas non nos digan o contrario, ímolo intentar». Isto díxoo Fernando Vázquez, adestrador do pechacancelas de Primeira División, oDeportivo, moito antes de ser manteado pola afección. E antes de gañarlle ao Celta no derbi galego. O primeiro paso estaba dado. Facía falta unha vitoria, dixo no seu momento, «porque a segunda será máis fácil».
Ese é o discurso que en pouco máis dun mes conseguiu inxectar o adestrador galego nun equipo ao bordo do desafiuzamento, ao que a súa afección castigaba co «¡Mercenarios!» desde a bancada e do que o seu anterior adestrador Domingos Paciencia dixo que era incapaz de motivar. Agora, o inquilino do banco di cousas como «se antes cría, agora aínda creo máis» e desde a bancada escóitase: «¡Si se pode, si se pode!».

No hay comentarios:

Publicar un comentario