Un derbi sen licenza para fallar
Nunca na historia dos seus enfrontamentos, o Celta e o Deportivo chegaron os dous ao mesmo tempo tan tocados na clasificación, xamais necesitaran a vitoria nun derbi como no deste venres. Riazor acollerá unha duelo a vida ou morte. Xóganse a supervivencia na clase alta do fútbol español. O que gañe embolsaríase algo máis que tres puntos: os celestes recibirían o impulso definitivo para asomarse á salvación e os branquiazuis recuperarían a ilusión para seguir soñando. Talvez, o empate significaría unha recompensa exigua na calculadora de calquera bando. Por iso, a batalla será a piñón fixo.
Hai case once meses, o clásico galego desprendía outro aroma: cheiraba a éxito. Víronse as caras por última vez en Segunda División en Balaídos un 15 de abril. Ían disparados cara ao ascenso. O conxunto comandado por Oltra, que finalmente saíu triunfal do campo do eterno rival, lideraba a táboa; o de Paco Herrera era segundo. Nada lles detivo cara á gloria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario